Ozona galardoada como partner en Las Vegas

Ozona galardoada como partner en Las Vegas


  • O recoñecemento fíxose público na pasada semana no Citrix Summit, evento anual de  partners do fabricante, que tivo lugar en Las Vegas.
  • O galardón foi entregado a Marcos Paredes, Socio-Director de Ozona, por: Luca Marinelli, Vicepresidente de vendas e estratexia de canle.

Ozona Tecnología, compañía especialista en Virtualización e Cloud Computing, foi galardoada por Citrix como partner Western Europe na súa  labor de creación de novo negocio durante o pasado ano 2014, un premio que recoñece o traballo que a compañía ven desenvolvendo nos últimos anos xerando novos proxectos e liderando a tecnoloxía.

Citrix é a compañía líder mundial en solucións de virtualización, con máis de 260.000 clientes e uns 100 millóns de usuarios. As solucións de virtualización son aplicadas por case todas as empresas nos seus sistemas e supoñen unha peza fundamental das solucións en Cloud Computing, cada vez máis estendidas.

Ozona é actualmente membro Gold da red de Partners de Citrix. Na súa carteira atópanse os clientes importantes deste fabricante a nivel nacional e desenvolve grandes proxectos de implantación de tecnoloxías Citrix de ámbito internacional. Con 75 empregados, a súa facturación en 2014 estará nos 9 millóns de Euros e ten oficinas en Santiago, Madrid, Barcelona e Lisboa. 

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies