Ozona e Imatia incorpóranse á comisión de traballo sobre sectores de Galicia e grandes clientes

Ozona e Imatia incorpóranse á comisión de traballo sobre sectores de Galicia e grandes clientes


Ramón Ares, director xeral de Ozona, e Fernando Vázquez, de Imatia Innovation, sumáronse a Constantino Fernández (Altia) para impulsar o traballo do Cluster sobre "Sectores de Galicia e grupo grandes clientes".

Na última reunión do Comité Estratéxico (COES), Fernández informou de que as accións que puxo en marcha neste ámbito se orientan cara ao sector empresarial, co obxectivo principal de posicionarse en todos os clusters verticais, debido ao carácter imprescindible das TIC en todos os ámbitos.
Deste modo, o equipo que agora se forma coa incorporación dos representantes de Imatia e Ozona solicitará información, en coordinación coa Xerencia do Cluster e con Vindeira, sobre as necesidades tecnolóxicas dos diferentes sectores, para establecer prioridades.

O Cluster anima os socios a incorporarse ás comisións de traballo e apoiar os responsables das distintas accións delegadas: Plan Operativo Anual, Internacionalización, Sectores de Galicia, Relacións con CDTI, Proxectos Tractores, Clusters españois, Multinacionais, Marketing Interno e Voluntariado Dixital.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies