Os socios do Cluster poderán contratar con Aon dous seguros adaptados ás súas necesidades en condicións vantaxosas

Os socios do Cluster poderán contratar con Aon dous seguros adaptados ás súas necesidades en condicións vantaxosas


O Cluster TIC Galicia alcanzou un acordo coa compañía aseguradora Aon para ofrecer aos socios da entidade a posibilidade de contratar en condicións vantaxosas dúas pólizas que se axustan ás necesidades das empresas do sector. Trátase por unha parte dun seguro de Responsabilidade Civil Profesional e, por outro, dun seguro de Responsabilidade Civil para Administradores e Conselleiros.

A póliza de Responsabilidade Civil Profesional cobre as consecuencias económicas derivadas de calquera reclamación de responsabilidade civil de acordo á lexislación vixente que se formule contra a empresa TIC polos prexuízos económicos causados a terceiros por un erro ou falta profesional cometida no desempeño da actividade profesional.

Ofrece moi amplas garantías, sublímites, definicións e ámbitos de cobertura, cunhas primas moi competitivas. Adicionalmente ás garantías básicas, inclúe opcionais a disposición de cada empresa co fin de adaptar a póliza ás súas necesidades particulares.

Así mesmo, dentro da tarifa básica inclúe retroactividade ilimitada, fronte a unhas condicións estándar do mercado que están limitadas a unha data determinada, e ámbitos xeográfico e xurisdición moi amplos. A póliza de Responsabilidade Civil de Administradores e Directivos (D&O) presenta entre outras vantaxes unha tarificación, contratación, operativa e declaración a asinar polo cliente reducidas ao mínimo, con primas moi competitivas, xa que inclúen descontos media de entre o 20% e o 30%.

Ofrece ademais límites de contratación automáticos elevados, con ata 10 millóns de euros para sociedades e tres millóns para entidades sen ánimo de lucro. O seu ámbito territorial abrangue todo o mundo agás Estados Unidos e Canadá, e o seu ámbito temporal en beneficio dos asegurados fixa unha retroactividade ilimitada.

Dende Aon, líder mundial en intermediación e xestión de riscos, sinálase que o seguro D&O é un investimento "intelixente", xa que "o risco en sociedades de calquera dimensión existe e ten carácter persoal". A compañía asegura que en España se está a rexistrar un número crecente de reclamacións de D&O e que, nestes casos, as responsabilidades e perdas "poden ser moi custosas". Advirte tamén da conveniencia de "estar protexido fronte a cambios lexislativos".

Aon Seguro Responsabilidade Civil Administradores e Conselleiros

Aon Seguro Responsabilidade Civil Profesional

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies