A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a través do Programa Voluntariado Dixital, está organizando a I xornada de boas prácticas de produtos e servizos TIC sociais desenvolvidos en Galicia. O obxetivo é crear puntos de encontro e debate, onde se dean a coñecer solucións tecnolóxicas do ámbito social desenvolvidas por empresas TIC galegas, para dalas a coñecer as entidades de acción social de Galicia.
Diríxese a entidades de acción social, empresas TIC, representantes da administración e en xeral persoas interesadas do mundo social, solidario e TIC.
Durante o transcurso da xornada realizaranse breves exposicións de 10-15 productos TIC sociais. Deste xeito, os socios do Cluster TIC Galicia teñen a oportunidade de presentar os seus productos neste evento. A data prevista é o próximo 23 de novembro, ainda que non está totalmente pechada, xa que dependerá da dispoñibilidade dos participantes.
Os socios que desexen participar deben enviar a administración do Cluster unha pequena relación dos produtos que queiran expoñer antes do luns día 12 de novembro. As presentacións serán de 10 minutos por empresa e segmentaranse por público obxectivo (persoas xordas, persoas con autismo, persoas maiores, etcétera).
Comments