Os socios, convidados a descubrir as oportunidades de negocio en China

Os socios, convidados a descubrir as oportunidades de negocio en China


O Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración co IGAPE e o EU-SME Center China, organiza a xornada titulada Are you ready for China? Oportunidades de negocio para as empresas galegas no mercado chinés. O obxectivo é acadar que as empresas galegas, en particular pemes, se introduzan no entorno do mercado chinés.

Con tal fin, a xornada permitirá coñecer as oportunidades que existen, as formas de entrar no mercado, as regulacións e os casos de éxito. Os asistentes poderán coñecer os servizos de apoio dispoñibles para as empresas que desexen facer negocios en China, en particular os que presta o EU SME Centre Pequín, que proporciona asesoramento empresarial en relación co mercado chinés. Ademais das presentacións, estarán dispoñibles entrevistas individuais cos expertos do EU SME Centre.

A xornada está programada para a mañá do 20 de xuño no Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela e un dos socios do Clúster TIC Galicia, Blusens, participará nunha mesa redonda. Se algún outro socio ten experiencia no mercado chines e cre que podería facer unha achega interesante á xornada, pódese poñer en contacto coa Administración do Cluster para xestionar a súa inclusión no programa.

Polo demáis, a xornada está aberta á asistencia de todos os socios previa inscición a través dos contactos que se indican na web do Cluster Alimentario de Galicia.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies