En palabras de Beatriz Legerén, ex presidenta da asociación EGANET, os premios entregados este mércores 22 pola entidade non son unicamente un xeito de recoñecer o traballo ben feito, senón de descubrirllo á sociedade galega, non sempre ao tanto das cousas interesantes que se fan aquí polas TIC.
A gala de entrega dos galardóns 2010 de EGANET foi importante por partida tripa: porque puxo de manifesto unha importante actividade (a nosa innovación, que achegou até 262 candidaturas), porque salientou a importancia do coñecemento fronte á crise e porque coincidiu co décimo aniversario da asociación, a primeira da nosa terra no seu sector.
Ler máis
Fonte: Código Cero
Comentarios