Oportunidades de Compra Pública Innovadora (CPI) para Empresas TIC

Oportunidades de Compra Pública Innovadora (CPI) para Empresas TIC


O Clúster TIC Galicia colabora co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) que organiza unha xornada sobre as oportunidades que se abren para as empresas TIC no eido da Compra Pública Innovadora.

Data e Lugar: 2 de xullo no edificio CERSIA en Santiago de Compostela
Horario e estrutura da xornada:
9:30 | Presentación da Xornada a cargo do Presidente do CPEIG, Fernando Suárez
9:45 | ‘A aposta de Galicia pola CPI’ a cargo do Director de Gain, Manuel Varela
10:15 | ‘As compras públicas como motor de innovación’ a cargo de Juan Manuel Garrido do MINECO
11:30 | ‘A CPI no marco internacional’ / ‘Recomendacións para a planificación, xestión e avaliación das Compras Públicas Innovadoras para empresas’ a cargo de Sandra Sinde, Directora CPI e Innovación Aberta nas AA.PP de Idom Consulting
12:15 | ‘Aprendendo do concreto’. Martín Gómez, Xerente de Bahía Software dará conta da súa experiencia de empresa participante no proceso de CPTI do SERGAS
12:45 | ‘Alternativas de financiación para CPI’ a cargo de Manuel Ortiz do CDTI

Programa

Acceso gratuíto previa inscrición nas contas: eventos@cpeig.org  ou  info@clusterticgalicia.com antes das 14:00 horas do 1 de xullo.  

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies