Por medio dunha colaboración coa patronal andaluza de empresas do sector ETICOM e o Centro Demostrador TIC, AGESTIC invita aos socios do Cluster TIC Galicia a incorporarse a unha plataforma operativa e de lobby que se está a poñer en marcha en Bruxelas. Baixo o nome de "Club ETICOM Bruxelas", o obxectivo desta iniciativa, á que se poden sumar cinco empresas galegas do sector, é dispoñer na capital comunitaria dunha estrutura capaz de impulsar o negocio das firmas implicadas por medio da captación de proxectos e fondos comunitarios, contratos, concursos e licitacións da UE. A oportunidade está aberta a empresas de calquera tamaño.
Estar en Bruxelas é clave non só porque é a sede do Goberno da Unión Europea, onde se elaboran a Directivas comunitarias, senón tamén porque alí están as instancias que deciden sobre fondos e proxectos. Ademais, ETICOM pode facilitar ás empresas galegas que se integren no club contactos con socios en diversos proxectos.
Achégase documento explicativo do proxecto.
Os socios interesados deben poñerse en contacto coa Administración do Clúster TIC Galicia.
Comments