Oito novas empresas súmanse ao Cluster TIC Galicia

Oito novas empresas súmanse ao Cluster TIC Galicia


O Comité Estratéxico do Cluster TIC Galicia aprobou a incorporación á entidade de oito novas empresas. Trátase das seguintes: Ergofit S.L.; Ednon S.L.; Emetel Sistemas S.L.; Engasoft S.L.; Mega Software y Comunicación S.L.; Nova Animedia Consultores S.L.; Siga 98 S.A., e Software y Comunicación Marka Informática S.L.

Con estas oito altas, o Cluster suma xa 104 membros, dos que 95 son empresas, 4 son asociacións empresariais e outros 5 son colexios e asociacións profesionais. Deste xeito, o Cluster TIC Galicia reforza o seu carácter de entidade de referencia e representante do macro-sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) de Galicia.

O crecemento do Cluster TIC pon de relevo, ademais, a súa condición de punto de encontro das empresas grandes, medianas e pequenas nun eido de actividade económica que representa o 2,15% do Produto Interior Bruto (PIB) da Comunidade Autónoma e que sostén 16.000 empregos directos.

Indícanse a continuación os representantes no Cluster TIC Galicia das novas empresas adheridas á entidade:







































Empresa Representante no Cluster TIC Galicia
Ergofit S.L. D. Felipe Murga Rodríguez
Ednon S.L. D. Roberto Espina Cerrillo
Emetel Sistemas S.L. D. Manuel Lago Vecino
Engasoft S.L. D. José Antonio Blanco
Mega Software y Comunicación S.L. Dna. Mabel Cañás
Nova Animedia Consultores S.L. Dna. Manuela Burgo
Siga 98 S.A. D. José Ramón Carril Pan
Software y Comunicación Marka Informática, S.L. Dna. Marina Alonso

Sobre o Cluster TIC Galicia

O Cluster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro destinada a vertebrar o macro-sector galego das Tecnoloxías da Información a das Comunicacións, reunindo a empresas, asociacións empresariais, colexios, asociacións profesionais e outros axentes.  Desde a súa posta en marcha operativa, na asemblea celebrada en febreiro de 2010, o Cluster traballa para poñer en valor o macro-sector TIC, impulsando a colaboración entre as empresas, coordinando os esforzos dos diferentes axentes para o impulso da innovación, a competitividade, a saída a novos mercados e a cooperación coas administracións e institucións.

Plenamente comprometido coas sociedade galega, o Cluster TIC propugna o cambio de modelo produtivo cara unha economía baseada na innovación e a produtividade, capaz de crear riqueza e emprego de calidade.

Ler a nota de prensa

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies