O vindeiro COES debaterá os novos Estatutos e a participación en RIS3

O vindeiro COES debaterá os novos Estatutos e a participación en RIS3


Na reunión do Comité Estratéxico (COES) celebrada o pasado 29 de maio decatouse dos avances nas diferentes liñas de traballo e aprobouse participar no proxecto European Cluster Partnership, que está a organizar o Clúster Audiovisual (CLAG) con colaboracións multisectoriais e interrexionais. Acordouse, igualmente, dar apoio ao seminario multidisciplinar sobre oportunidades de negocio en China organizado polo Clúster Alimentario de Galicia e que se celebrará o 20 de xuño, establecendo unha colaboración que permita a asistencia dos socios.

Tamén se aprobou realizar en xullo un evento sobre internacionalización que permita motivar aos socios na contribución á caracterización do sector, posibilitando a realización dun catálogo de produtos.

Finalmente, seguiuse avanzando na modificación dos Estatutos.

E precisamente a redacción dos novos Estatutos un dos puntos da orde do día do vindeiro COES, convocado para o 12 de xuño ás 17:30 horas na sede do Clúster en Santiago de Compostela. Ademais, tratarase a participación na elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia (RIS3) e a próxima convocatoria da Asemblea Xeral do Clúster. A reunión pecharase coa quenda de rogos e preguntas.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies