O selo de excelencia TIC, outros tres proxectos e catro accións formativas obteñen un importante respaldo financeiro

O selo de excelencia TIC, outros tres proxectos e catro accións formativas obteñen un importante respaldo financeiro


O despregue do Plan Estratéxico 2011-2013 ven de recibir un importante pulo coa aprobación pola Xunta de Galicia de subvencións para proxectos por valor de 240.000 euros. Ademais, a Administración galega aprobou axudas para a realización de catro cursos de formación, cun importe subvencionable de 14.836 euros. A nova foi valorada polo presidente do Cluster, Rafael Valcarce, quen sinalou: “Novamente a Xunta, a través da Dirección Xeral de Industria, atende xenerosamente as peticións do Cluster, o que neste caso facilitará o desenvolvemento de contidos clave do noso Plan Estratéxico.”

En decisión comunicada o 17 de agosto, a Consellería de Economía e Industria aprobou a concesión de axudas para catro proxectos que o Cluster presentou á liña de Reforzamento, dentro do procedemento IN540A de Axudas para a mellora da competitividade do tecido empresarial da Comunidade Autónoma Galega mediante a poio á creación e consolidación dos clusters empresariais galegos. En concreto, os proxectos que reciben respaldo financeiro son os de Estudio e potenciación sectorial mediante a identificación de oportunidades TIC nos sectores estratéxicos de Galicia; Deseño do selo de excelencia TIC de Galicia; Estudio de benchmarking sobre culsters TIC, e Servizo de apoio á execución, xestión e seguimento do Plan Estratéxico. Estes catro proxectos teñen unha valoración global de 240.000 euros e forman parte do conxunto de accións incluídas no Plan Estratéxico 2011-2013. O último deles supón, na práctica, a posta en marcha da oficina técnica do Plan.

Ademais, e dentro do mesmo procedemento pero neste caso na liña de Formación, a Consellería de Economía e Industria concedeu axudas para catro cursos propostos polo Cluster. Trátase dos seguintes: Xestión de recursos humanos; Dirección e xestión de equipos; Toma de decisión, a creatividade e o cambio, e Dirección de proxectos PMI 1.

Rafael Valcarce, presidente do Cluster TIC Galicia, fixo un balance moi positivo destas decisións da Administración galega, indicando que “novamente a Xunta, a través da Dirección Xeral de Industria, atende xenerosamente as peticións do Cluster”. Valcarce engadiu que este respaldo financeiro permite á entidade “abordar un dos nosos obxectivos inmediatos, que por axuste orzamentario era moi difícil de abordar: a posta en marcha da oficina técnica para o desenvolvemento Plan Estratéxico. Axudaranos tamén a seguir adiante con outros importantes proxectos dentro deste marco”.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies