Representantes de empresas de diversos eidos de actividade dentro das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións compartiron hoxe unha intensa mañá de traballo na primeira Xornada de Negocio e Networking do Cluster TIC Galicia.A actividade, que se desenvolveu en Santiago de Compostela baixo o lema Facendo nacer as oportunidades, artellouse en dúas roldas de reunións cara a cara entre os participantes. Deste xeito, puxéronse as bases para trazar relacións de confianza co obxectivo de atopar sinerxias e complementariedades entre os diferentes negocios, identificando posibles clientes, socios, colaboradores e vías de cooperación para poñer en marcha proxectos novos.Na inauguración da xornada, Gerardo Crespo Riestra, presidente do Cluster, destacou a importancia da colaboración no seo do sector TIC galego como resorte para o fortalecemento dos negocios. Á vista do éxito da primeira edición da Xornada de Negocio e Networking, anunciou unha próxima convocatoria do encontro.Crespo salientou tamén que, xunto ao fomento da cooperación intrasectorial, o Cluster está a traballar na elaboración do plan de internacionalización do sector, proxecto para o que conta co respaldo da Consellería da Economía, e nunha axenda de I+D+i que incluirá proxectos capaces de dinamizar a economía galega e que se centrarán, entre outros, nos eidos da Educación, o Turismo e “as pemes do futuro”.A organización da primeira Xornada de Negocio e Networking foi unha iniciativa do grupo de traballo de Marketing e Comunicación do Cluster TIC Galicia, en responsta ao interés dos socios e empresas do sector por ampliar a súa base de contactos para facer crecer os seus negocios, para o cal resultan axeitadas as iniciativas que promoven o coñecemento e a cooperación intrasectorial. A actividade estivo aberta tanto a socios como a non socios do Cluster.
Comments