O programa Re-Acciona do Igape apoia a internacionalización e a mellora da competitividade

O programa Re-Acciona do Igape apoia a internacionalización e a mellora da competitividade


O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven de por en marcha, con financiamento de fondos FEDER, o programa "Re-Acciona" de prestación de servizos para a internacionalización e mellora da competitividade. O obxectivo é facer accesibles ás pemes  servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles. 

Para comezar esta labor, o IGAPE estivo realizando visitas de "pre-diagnóstico" , co fin de detectar as súas necesidades reais e orientalas cara aos servizos que poidan resultarlles máis útiles.

Deste xeito, co apoio dos mellores especialistas, ofrécense diferentes servizos para a realización de:

a) Diagnósticos de internacionalización gratuitos para e detectar o potencial de cada peme, de cara á súa implantación nos mercados internacionais máis interesantes para a súa actividade.  

b) Diagnósticos integrais de competitividade gratuitos, realizados en estreita colaboración co empresario e o equipo directivo da empresa, para involucralos no proceso de evolución, e que facilitan métodos e ferramentas para establecer a situación da empresa en 44 aspectos clave da súa xestión. Obteranse ademáis unha serie de medidas concretas e priorizadas que se poderán aplicar na empresa de forma inmediata para a mellora dos seus resultados .  

c) Ata 10 tipos de servizos avanzados de competitividade a custes moi reducidos para a empresa en dúas áreas:

Servizos avanzados de profesionalización:
1. Optimización financeira e mellora de circulante

2. Profesionalización da produción

3. Relanzamento comercial

4. Control de xestión / xestión por procesos

5. Imaxe e comunicación empresarial  

Servizos avanzados para o desenvolvemento estratéxico
:  

6. Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial

7. Desenvolvemento de plans de acción

8. Plans e protocolos de empresa familiar

9. Idenficación de redes de cooperación e socios

10. Transformación radical do negocio

d) Un programa de bolseiros (xa convocado) que integrará 100 mozos especialistas recén titulados nas empresas para reforzar a capacidade das pemes no momento de implantar as melloras  mediante servizos avanzados. Deste modo os participantes neste programa terán a oportunidade de converterse en expertos, recibindo formación teórico-práctica, ao tempo que colaboran na prestación dos servizos.  

http://www.igape.es/programa-re-acciona-2.html  

PARA MAIOR INFORMACIÓN
: informa@igape.es

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies