O presidente do Cluster TIC Galicia reuniuse coa secretaria xeral de Modernización da Xunta de Galicia

O presidente do Cluster TIC Galicia reuniuse coa secretaria xeral de Modernización da Xunta de Galicia



Gerardo Crespo e Mar Pereira

(14-11-2011)

Gerardo Crespo, presidente do Cluster TIC Galicia, reuniuse esta mañá con Mar Pereira, secretaria xeral de Modernizacón e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia. Na xuntanza, que tivo lugar en Santiago, participou tamén o xerente do Cluster, David Trigo.

Crespo trasladou á secretaria xeral que o Cluster TIC Galicia inicia unha nova etapa de unidade na que o novo equipo directivo considera prioritario continuar na senda de colaboración que viña mantendo coa Xunta de Galicia e, en particular, coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

O presidente do Cluster informou á responsable de Modernización da composición do novo Comité Estratéxico e do novo Comité de Dirección da súa entidade, e salientou que ambos os dous órganos traballan xa “para reforzar a entidade e impulsar o seu papel aglutinador do sector tecnolóxico galego”.

Mar Pereira e Gerardo Crespo coincidiron en que o Cluster debe se un instrumento útil para os empresarios, apoiado por eles, e que serva para fortalecer o sector, incrementar a competitividede e impulsar o crecemento das empresas. Pola súa banda, Crespo incidiu en que “o Cluster non é unha estrutura da administración, senón unha entidade independente”, e que son os propios empresarios os que deben apostar por ela, aunando esforzos e “apostando pola cooperación, aínda que cada un teña os seus lexítimos intereses”.

“Debemos dar unha imaxe de unidade, de fortaleza e de competitividade, dentro e fóra de Galicia. Se non estamos convencidos disto, cada un fará a guerra pola súa conta e o que podería ser a proxección dun sector próspero non o será”, asegurou o presidente do Cluster TIC Galicia.



Ler a nota de prensa

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies