O Plan de Formación 2011 plantexa 1.360 prazas en 44 cursos

O Plan de Formación 2011 plantexa 1.360 prazas en 44 cursos


O Plan de Formación 2011 do Cluster TIC Galicia executarase a partir dunha preselección de 44 cursos que entre todos sumarían un total de 1.360 prazas. O volume total de horas de formación sería de 3.855. Esta primeira oferta será sometida a un novo filtro para determinar os cursos prioritarios e a posibilidade do seu financiamento.

A proposta baséase no estudio das demandas e necesidades dos socios realizado polo Grupo de Traballo de Formación, e persegue mellorar a capacitación dos profesionais do sector TIC, facilitándolles o acceso a plans de estudios homologados e estandarizados. Desde o punto de vista da temática, abrangue desde o marco regulamentario do sector ata formación especializada sobre diferentes tecnoloxías. En moitos casos, a realización dos cursos ofertados conduce á obtención de certificacións oficiais.

Nun esforzo por poñer as accións formativas ao alcance do maior número posible de empresas e profesionais, o Plan inclúe tanto cursos presenciais como on-line e de carácter mixto. En virtude das materias que se imparten, os cursos agrúpanse en sete familias: Networking, Programación, Habilidades directivas, Ofimática, Xestión de proxectos, CAD e modelado, e Idiomas.

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies