O Igape convoca axudas para a reorientación e a mellora da competitividade das pemes galegas

O Igape convoca axudas para a reorientación e a mellora da competitividade das pemes galegas


A Consellería de Economía e Industria vén de convocar, a través do Igape e en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para proxectos de reorientación e mellora da competitividade das pemes galegas. As liñas convocadas son as seguintes:

IG103: Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes entre 100.000 € e 500.000 € de investimento subvencionable.

IG174: Proxectos de mellora das pemes do sector servizos cun investimento subvencionable superior a 30.000 € e ata 200.000 €. 

Contía das axudas:
Mínimo dun 10% e un máximo do 40% sobre os gastos subvencionables.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (ata o 4 de xuño de 2012).

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies