Unha delegación do Cluster TIC Galicia integrada polo xerente da entidade, David Trigo López, e un grupo de socios participaron nunha xornada informativa sobre as axudas á internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
O encontro desenvolveuse onte, 16 de febreiro, en Santiago de Compostela, na sede do IGAPE, que organizou o evento de manera especial e exclusiva para o Cluster TIC Galicia, trasladándose a invitación a todos os asociados.
A xornada dividiuse en dúas partes, cunha primeira adicaca á exposición por parte da técnica do IGAPE Begoña Fernández Suárez do contido das axudas, con exemplos prácticos orientados a facilitar o seu aproveitamento por parte do Cluster e os seus membros. A segunda parte da xornada consistiu nun participativo coloquio ao que se incorporou a subdirectora de Internacionalización do IGAPE, Dolores García de los Huertos.
Comentarios