O CPETIG organiza un curso sobre como xerar negocio coas aplicacións móbiles, cunha rebaixa do 20% para os membros do Cluster

O CPETIG organiza un curso sobre como xerar negocio coas aplicacións móbiles, cunha rebaixa do 20% para os membros do Cluster


Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o CPETIG anuncia a celebración do “Curso de introdución á mobilidade. Como xerar negocio con aplicacións móbiles”. Os membros do Cluster TIC Galicia terán un desconto dun 20% na matrícula do curso completo.

Deste xeito, os traballadores de empresas do Cluster que se inscriban ao curso completo, deberán facer un ingreso en concepto de matrícula de 200 euros, en lugar dos 250 que corresponden á matrícula ordinaria, indicando no seu correo ou fax de inscrición a súa condición de traballador de empresa socia do Cluster. Para acreditar esta información, poderán achegar cabeceira da nómina onde figuren os datos da empresa.

Obxectivos do curso



  • Introdución sobre os beneficios e posibilidades da mobilidade tecnolóxica aplicada ás empresas.

  • Amosar o estado actual e futuro do negocio das aplicacións móbiles, o seu mercado, a competencia e as ferramentas que dispoñen os técnicos para triunfar nun mercado tan competitivo como o actual.


Ler máis

Fonte: Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia, CPETIG

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies