O CPEIG abre o prazo de matrícula para o primeiro obradoiro de SRACTH

O CPEIG abre o prazo de matrícula para o primeiro obradoiro de SRACTH


O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG) vén de abrir o período de inscrición ao primeiro obradoiro de Scratch organizado pola entidade, en colaboración co CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información). O Scratch é unha linguaxe de programación e unha comunidade en liña orientada á xente nova, onde os rapaces poden programar e compartir medios interactivos, historias, xogos e animacións con outros mozos e mozas. O Scratch axuda a pensar creativamente, a razoar e a traballar en colaboración.
O curso está dirixido a rapaces cunha idade comprendida entre os 10 e os 14 anos, e desenvolverase nas tardes dos martes e os xoves do vindeiro mes de maio -entre as 18:30 e as 20:00- nas instalacións da ETSE (Escola Técnica Superior de Enxeñaría, USC), a partir do vindeiro día 6. A matrícula do curso é de balde, e as persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o 2 de maio. As prazas, 15 en total,  concederanse por rigorosa orde de inscrición, no correo electrónico informacion@cpeig.org.

Contidos
O CPEIG presenta este obradoiro coma unha aventura gráfica, co obxectivo de que os rapaces programen unha fase por cada cInlase. Cada unha destas fases situarase nunha cidade ou nunha vila de Galicia distinta, cunha historia, lenda ou parte da cultura particular desa zona. Cada alumno disporá dun ordenador para o seguimento do obradoiro.
Paralelamente, o curso contará cun blog (Cativos Coding), no que tanto os rapaces coma os seus pais poderán seguir os contidos do obradoiro fóra do horario da clase.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies