O Comité Estratéxico aproba o Regulamento de Réxime Interno do Cluster

O Comité Estratéxico aproba o Regulamento de Réxime Interno do Cluster


Na súa reunión do 19 de xaneiro, o Comité Estratéxico aprobou o Regulamento de Réxime Interno do Cluster TIC Galicia. Esta norma precisa aspectos de gobernanza e xestión diaria da entidade non recollidos nos Estatudos do Cluster, aos que está supeditado. Entre as cuestións que fixa o Regulamento de Réxime Interno están aspectos do funcionamento do Comité Estratéxico (COES), do Comité de Dirección (CODI) e dos grupos de traballo. Igualmente, fixa normas de aplicación para os convenios que o Cluster pode asinar con outras entidades; complementa o disposto en Estatutos para as asembleas ordinarias e extraordinarias, e precisa as responsabilidades xerales do xerente do Cluster. O Regulamento tamén inclúe disposicións aplicables en caso de baixas de socios, define normas deontolóxicas aplicables a todos os membros do Cluster, instaura mecanismos de resolución de conflictos e crea unha comisión permanente para a mellora dos Estatutos e de Réxime Interno. Esta comisión poderá propoñer á asemblea cambios nas normas de funcionamento da entidade para reforzar o papel das empresas e mellorar a operativa do Cluster.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies