O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia estrean web

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia estrean web


Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia veñen de por en marcha a súa nova web, que se presenta ante os seus usuarios do seguinte xeito:

Benvidos á nova web do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

Dende o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia dámosvos a benvida á nosa nova páxina web e invitámosvos a navegar polas súas diferentes seccións. A través dos distintos submenús, poderedes descubrir multitude de novidades que abranguen dende información institucional, ofertas de emprego e formación, publicacións especializadas, documentación sobre a profesión, eventos e noticias do sector, etc… Este é só un exemplo dalgunhas das seccións que teñen cabida no noso novo portal.

Formulamos este novo site formado por contidos que consideramos de interese para os enxeñeiros de telecomunicación, entre os cales nos comprace presentarvos a Oficina do colexiado, un apartado especialmente deseñado para cubrir as demandas particulares deste colectivo.

Do mesmo modo, quixemos crear unha web interactiva na que os colexiados e asociados, así como toda a comunidade TIC, teñades un papel fundamental, podendo achegar as vosas ideas e suxestións a través das distintas canles habilitadas con esta finalidade.

Esperamos que este novo proxecto sexa do voso agrado e constitúa unha ferramenta útil no exercicio diario da profesión e para o desenvolvemento da enxeñeiría de telecomunicación.

Fonte: COETG-AETG

Visitar a nova web do COETG-AETG

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies