En virtude do convenio asinado entre o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, para o desenvolvemento das telecomunicacións en Galicia, vanse a impartir unha serie de xornadas formativas dirixidas aos técnicos municipais e responsables dos gobernos locais con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías dos concellos galegos.
Con estas xornadas pretendese achegar aos participantes os coñecementos necesarios sobre a normativa e lexislación vixente no ámbito da tramitación das licenzas municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación. O obxectivo final e contar cun compendio documental que aglutine todo o necesario para unha axeitada tramitación das licenzas municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación, poñendo a disposición dos técnicos municipais a ampla bagaxe de coñecementos tecnolóxicos dos relatores pertencentes o COETG.
As xornadas impartiranse entre o 27 de setembro e o 25 de outubro en 20 centros da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) da Xunta de Galicia.
Ler noticia completa co calendario das xornadas
Fonte: COETG e AETG
Comments