O COETG e a AETG entregarán os premios Galicia das Telecomunicacións 2011 en presencia do presidente da CMT

O COETG e a AETG entregarán os premios Galicia das Telecomunicacións 2011 en presencia do presidente da CMT


O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) concederán os seus tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións no marco da XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, o vindeiro 21 de outubro no Gran Hotel da Toxa e contará cun invitado de excepción, o presidente da Comisión do Mercado das Telecomunicacións, Bernardo Lorenzo Almendros, que impartirá unha charla sobre a temática deste ano, a “Nova Economía sobre Banda Larga”.

Fernando Pérez González, director xeral de Gradiant, a Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia e catedrático da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo recibirá o galardón de Enxeñeiro do Ano, distinción instituída polo Colexio que concede a enxeñeiros de telecomunicación destacados polo seu labor profesional.

Jorge Cebreiros Arce, presidente de INEO, a Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, convértese nesta edición da Noite en Socio de Honra da AETG, distinción do COETG e a AETG para premiar as personalidades destacadas no apoio e na promoción das telecomunicacións.

O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais correspóndelle nesta ocasión á solución de imaxe médica dixital Bay Dicom Media, da empresa Bahía Software.

Ademais dos devanditos recoñecementos, o COETG-AETG fará entrega do Premio INEO á Mellor Aplicación TIC á empresa Contact Comunicación polo seu proxecto ORAMA, distinción instituída pola AETG e patrocinada pola Asociación INEO, que recoñece aqueles produtos ou servizos innovadores desenvolvidos desde Galicia e destacados pola súa calidade e a súa achega ao crecemento económico e o do Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial TIC á empresa Ilux Visual Technologies, S.L. polo proxecto “Sistema Avanzado de Navegación sobre Terrenos Interactivo”.

Tamén se fará entrega do Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC 2011 a Gonzalo Vázquez Vilar pola súa tese “Interference and Network Management in Cognitive Communication Systems", distinción que recoñece aqueles proxectos de investigación emerxentes no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación.

Fonte: AETG/ COETG

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies