O Cluster TIC Galicia dará prioridade á innovación, a internacionalización das empresas e a competitividade sectorial

O Cluster TIC Galicia dará prioridade á innovación, a internacionalización das empresas e a competitividade sectorial


A Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster TIC Galicia, celebrada o pasado venres, día 25, en Santiago de Compostela, aprobou as contas anuais e deu luz verde ao plan operativo para o futuro inmediato da entidade, estruturado sobre catro eixos: desenvolvemento interno, innovación, internacionalización e competitividade sectorial.

Deste xeito, o Cluster seguirá traballando para reforzar a súa base de socios e os lazos de cooperación entre estes, así como a súa estrutura administrativa e de xestión. Igualmente, desenvolverá accións para fortalecer o sector TIC, mellorando a capacidade das empresas para competir nos mercados, e porá en marcha unha axenda de iniciativas capaces de dinamizar os sectores clave da economía galega, mediante o desenvolvemento de solucións innovadoras no eido das tecnoloxías da información e das comunicacións. Outros dos obxectivos aprobados pola Asemblea son poñer en marcha un ambicioso proxecto de internacionalización empresarial e un observatorio do sector TIC galego.

Gerardo Crespo Riestra, presidente do Cluster TIC Galicia, destacou que desde novembro de 2011, data na que se fixo cargo da máxima responsabilidade na entidade, déronse pasos importantes para reforzar a operatividade da entidade, “cunha orientación moi clara cara as necesidades das empresas e as prioridades do sector”. Salientou tamén a importancia do labor dos grupos de traballo e o achegamento a “entidades representativas doutros sectores económicos e aquelas vinculadas ás universidades” para poñer en marcha acordos de colaboración.

A Asemblea Xeral, que foi de portas abertas, aprobou os informes presentados polo Comité Estratéxico e o Comité de Dirección, as contas correspondentes ao exercicio 2011 e o orzamento para 2012. Igualmente, deu luz verde ao Regulamento de Réxime Interno, que dotará á entidade de maior transparencia e capacidade operativa.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies