O Cluster TIC e a Xunta presentan os plans sectoriais elaborados para impulsar a implantación da Industria 4.0 no agroalimentario, a madeira e o téxtil

O Cluster TIC e a Xunta presentan os plans sectoriais elaborados para impulsar a implantación da Industria 4.0 no agroalimentario, a madeira e o téxtil



O Cluster TIC Galicia xunto coa Xunta presentou onte, 14 de xuño, os Plans de Sistemas Sectoriais elaborados para impulsar a implantación da Industria 4.0 no agroalimentario, a madeira e o téxtil.

Durante a xornada, o conselleiro defendeu que a dixitalización debe capilarizar todos os sectores estratéxicos galegos, e apostou polo sector TIC como un dos pilotos de Galicia no seu percorrido cara á Industria 4.0. Un traballo que suporá, apuntou, un novo campo de oportunidades laborais coa transformación dixital da industria galega.

Os Plans Sectoriais analizan o potencial e as necesidades de mellora competitiva que as TIC poden achegar ás empresas galegas en materia de conectividade, dixitalización, Big Data, e o Internet das Cousas. 

O informe analiza a dixitalización das empresas e establece unha serie de conclusións globais, resaltando a necesidade de impulsar a hibridación sectorial; a especialización con solucións TIC específicas para cada sector; a cooperación para crear alianzas estratéxicas; e o pensamento global, deseñando produtos que poidan ser exportados.

Esta xornada contou coa colaboración do SabadellGallego no marco do convenio suscrito co Cluster TIC para o apoio de iniciatvias empresariais, dado o compromiso que o SabadellGallego ten coa industria e o comercio, con especial apoio á incorporación de novas tecnoloxías para o incremento da competitividade.

Nova relacionada

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies