No marco dos traballos para a definición dunha estratexia de financiamento do sector TIC galego para 2012, o Cluster ten posto en marcha unha rolda de mesas de debate na que os diferentes axentes podereán expor a súa visión, opinións e propostas.
O proceso comezou o pasado día 27 de xullo, data no que se desenvolveu a mesa das asociacións empresariais. Mañá, xoves 5 de agosto, terá lugar na sede do Cluster a segunda mesa, reservada a colexios e asociacións profesionais. Finalmente, o seguinte xoves, día 11 de agosto, terá lugar a mesa de debate que reunirá ás empresas. Nesta ocasión o lugar da xuntanza será o Hotel Puerta del Camino (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, S/N. Santiago de Compostela) e o comezo da reunión está previsto para ás 10:30 horas.
De cara a axudar ás empresas a preparar a súa participación na mesa de debate, e como ferramenta para que as que non poidan asistir teñan a oportunidade de aportar as súas opinións, tense elaborado un formulario.
Desde a Administración do Cluster, solicítase ás empresas que fagan chegar na maior brevidade posible a confirmación da súa asistencia á mesa de debate ou o formulario debidamente cumplimentado. En ambos os dous casos deben dirixirse á direccion info@clusterticgalicia.com
A elaboración dunha proposta de estratexia de financiamento do sector TIC é un compromiso adquirido polo Cluster no convenio marco de colaboración suscrito coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) da Xunta de Galicia. Nesta tarefa traballa unha oficina técnica específica posta en marcha por Estratega e Tecnocom, gañadoras do concurso ad hoc convocado polo Cluster.
Comments