O Cluster, presente na inauguración do Centro Demostrador TIC de Galicia

O Cluster, presente na inauguración do Centro Demostrador TIC de Galicia


O luns 27 de xuño, ás 12.00 horas, tivo lugar a inauguración do Centro Demostrador TIC de Galicia, á que acudiu o Cluster TIC Galicia.

O Centro Demostrador nace por iniciativa da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnológica cos obxectivos de impulsar a creación de espazos de encontro entre a oferta do sector TIC e a potencial demanda das pemes; facilitar a transferencia de tecnoloxía, servizos especializados e coñecemento; asesorar, capacitar e formar tecnoloxicamente ás empresas, e pór os medios para a realización das probas e innovación de tecnoloxías, plataformas, produtos, servizos, etcétera ao servizo das empresas.

Os socios do Cluster TIC foron invitados no seu momento a facer as súas aportacións para a configuración do centro.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies