None
O Cluster TIC Galicia participou no seminario 'Internacionalización. Brasil: cercano e viable', que se celebrou onte, 22 de xuño, en Santiago de Compostela, e ao que asistiu David Trigo, xerente da entidade.
Na xornada tomaron parte máis de 40 empresas, que deste xeito se achegaron ás oportunidades que ofrece o maior país de América Latina, así como ás particularidades deste mercado e aos trámites administrativos e recursos cos que cómpre contar para introducirse nel.
Tal e como se puxo de manifesto no seminario, Brasil é una potencia económica de primeiro nivel e un actor político no que cada día se conta máis no contexto internacional. Ofrece principais atractivos un enorme mercado interior, inmensas riquezas naturais e seguridade xurídica e institucional. Ademáis, as empresas galegas teñen a vantaxe engadida da proximidade cultural e idiomática.
O seminario serviu tamén para presentar a Misión Comercial TIC ao Brasil, que se desenvolverá entre o 26 de setembro e o 2 de outubro.
Na organización da xornada participaron xunto ao Cluster TIC Galicia as asociacións Agasol e Eganet. Contouse, ademáis, coa colaboración da Consellería de Economía e Industria e do Igape.
A continuación, apórtase documentación de interese sobre o mercado do Brasil exposta no seminario:
Fiscalidade
Introdución aos negocios no país
Presentación da misión comercial Brasil (setembro-outubro 2011)
Comments