O presidente en funcións e o Comité Estratéxico convocaron aos socios do Cluster TIC Galicia á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o próximo 2 de outubro en Santiago de Compostela.
O punto central da orde do día ocúpano as eleccións á presidencia da entidade, toda vez que o cargo está vacante tras a demisión presentada por Gerardo Crespo Riestra.
A asemblea terá lugar no Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107. Santiago de Compostela) e dará comezo ás 16:30 horas, segundo a primeira convocatoria, ou ás 17 horas, en segunda convocatoria.
A xuntanza iniciarase coa lectora e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Extraordinaria anterior, e inmediatamente darase paso ao proceso de eleccións á presidencia, para o que se constituirá a mesa e daráse un tempo de exposición de dez minutos a cada candidato.
A continuación, efecturase a votación e o escrutinio, tras o cal nomearase o novo presidente do Cluster.
A Asemblea pecharase tras un turno de rogos e preguntas.
Tanto as delegacións de representación e voto, como as candidaturas á Presidencia deben ser remitidas antes do 30 de setembro, utilizando os modelos adxuntos e enviándoas por correo electrónico á dirección info@clusterticgalicia.com
Todas as delegacións de voto e candidaturas recibidas despois da data indicada non se considerarán presentadas.
Comments