O pasado 4 de xullo o Clúster TIC Galicia participou nun encontro de traballo organizado pola Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación, OTRI, da Universidade de Vigo no marco do proxecto europeo Tempus – Osmose (Ouverture Structurée université MOnde Socio-Economique).
Ao encontro asistiu unha delegación composta por 17 representantes de universidades tunisianas co obxectivo de coñecer de preto modelos de colaboración público-privada de xestión de actividades de I+D+i, e aos que se lles presentou o modelo de colaboración nesta materia entre a Plataforma Tecnolóxica das TIC (Vindeira) e o Clúster TIC.
O proxecto europeo Tempus – Osmose (Ouverture Structurée université MOnde Socio-Economique) é un programa liderado pola Universidade de Burdeos e no que participa a Universidade de Vigo co obxectivo de apoiar e fomentar as relacións empresa - universidade e trasladar boas prácticas a universidades de varios países do Magreb.
Fonte da imaxe: Universidade de Vigo
Comments