O Clúster TIC Galicia traballará en tres eixos estratéxicos neste ano 2013

O Clúster TIC Galicia traballará en tres eixos estratéxicos neste ano 2013



70 empresas TIC de Galicia incorpóranse ao Clúster

Grazas o acordo de reincorporación de Eganet, o Clúster incorpora a todas as empresas desta entidade, sumando 70 novas altas


Na sesión ordinaria da súa Asemblea Xeral, celebrada onte en Santiago de Compostela, o Clúster TIC Galicia pechou o acordo para a reincorporación de EGANET e das súas empresas socias. Deste xeito, a representatividade verase incrementada e permitirá a dinamización e ampliación das capacidades para afrontar novos proxectos. Nos próximos meses o Clúster pechará a súa reestructuración coa modificacióndos seus estatutos nos que se recollerán as melloras funcionais.

En canto a proxectos e obxectivos a curto prazo, o Clúster TIC Galicia centrará os seus esforzos na colaboración con GAIN para a elaboración do RIS3 (Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia), xa que permitirá a creación e potenciación de proxectos tractores.

A dinamización da I+D e a potenciación da transferencia tecnolóxica será outro dos eixos de traballo contínuo e transversal que se realizará desde o Clúster e que permitirá a mellora da competitividade, tanto para empresas TIC como para as de todos os sectores produtivos. Finalmente, a “internacionalización” será o eixo transversal nas accións e proxectos da entidade. Buscaranse novas fórmulas e metodoloxías para abrir novas oportunidades de exportación de productos e servizos para as empresas.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies