Tal e como se aprobou en Asemblea, as liñas estratéxicas que se desenvolverán neste plan trienal son a de potenciar a internacionalización, favorecer a transferencia tecnolóxica e I+D e a de fomentar proxectos tractores. Eixos que se sosterán cun traballo transversal e constante na que se dinamizará a participación activa dos membros adheridos e na que se buscará que a colaboración sexa un motor de arrastre que facilite, incremente e axilice a realización de proxectos.
Comments