O Clúster TIC Galicia ofrece o seu apoio aos organismos de investigación galegos nas propostas de proxecto das novas convocatorias do MINECO

O Clúster TIC Galicia ofrece o seu apoio aos organismos de investigación galegos nas propostas de proxecto das novas convocatorias do MINECO


Seguindo o eixo estratéxico do Clúster TIC en materia de I+D e transferencia tecnolóxica, os grupos de I+D e entidades de investigación TIC que o desexen, poderán solicitar o apoio do Clúster TIC ás súas novas liñas de investigación.
Así, as entidades que o consideren oportuno, poderán contactar co Clúster TIC Galicia no correo info@clusterticgalicia.com, indicando o nome do grupo de I+D ou organismo de investigación e unha breve reseña do proxecto ou proxectos que están a impulsar e dos que lles gustaría contar cun posible apoio empresarial, aínda que os proxectos non teñan unha orientación de mercado.

A Secretaría de Estado de I+D+i, pertencente ao Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO), publicou esta semana diversas convocatorias de proxectos de investigación fundamental non orientada.  

Cómpre destacar que os beneficiarios destas axudas son universidades, centros públicos de I+D+i, centros privados sen ánimo de lucro, centros tecnolóxicos e entidades sen ánimo de lucro vinculadas á ciencia, a tecnoloxía, a investigación e a innovación.

Por un lado atopamos a convocatoria de I+D Excelencia, que ten por finalidade o financiamento de proxectos de investigación experimentais e teóricos de alta calidade sen orientación temática predefinida. Estes proxectos teñen coma principal obxectivo obter resultados que supoñan un avance significativo do coñecemento e teñan un alto impacto científico-técnico, internacional, social o económico. Poden consultarse as bases e os distintos prazos de presentación a esta convocatoria na publicación da orde no BOE do 6 de novembro
Por outra banda, atópase a convocatoria de I+D Retos-Investigación que ten por finalidade o financiamento de proxectos de investigación, tanto experimentais como teóricos, cuxos obxectivos contribúan a resolver calquera aspecto recollido nos oito grandes retos na sociedade española, identificados na Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e Innovación, e que son:

1. Saúde, cambio demográfico e benestar
2. Seguridade, calidade alimentaria; actividade agraria produtiva e sostible; sostenibilidade de recursos naturais, investigación mariña e marítima
3. Enerxía segura, sostible e limpa
4. Transporte intelixente, sostible e integrado
5. Acción sobre o cambio climático e a eficiencia na utilización de recursos e materias primas
6. Cambios e innovacións sociais
7. Economía e sociedade dixital
8. Seguridade, protección e defensa

Poden consultarse as bases e os distintos prazos de presentación a esta convocatoria na publicación da orde no BOE do 6 de novembro.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies