O Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da Entidade Pública Empresarial Red.es, seleccionou ao Clúster TIC Galicia como empresa colaboradora do seu terceiro programa de axudas ‘Mentoring en comercio electrónico’, que conta cun orzamento total de 18 millóns de euros destinados ás axudas.
O Clúster executará este proxecto a través das empresas socias AACCENTIA, ABERTAL, AVA e VISUAL PUBLINET.
O objetivo deste programa é axudar a pemes e autónomos a adoptar unha estratexia e unha plataforma de comercio electrónico que lle permita posicionarse en Internet e expandir e potenciar o seu negocio.
O Clúster TIC Galicia é unha das empresas homologadas para prestar os servizos de asesoramento especializado do Lote I desta convocatoria entre aquelas empresas que resulten beneficiarias do programa.
Poderán solicitar estas axudas aquelas pemes e autónomos que teñan unha plantilla inferior a 250 traballadores, un volume de negocio anual que non exceda de 50 millóns de euros, non ter sido beneficiario das convocatorias de axudas de Red.es “Programa de Mentoring en Comercio Electrónico” ou “Programa de asesoramento a pemes en Comercio Electrónico B2C” e que tanto o seu domicilio social ou fiscal, como a ubicación do establecemento no que se prestarán os servicios e se implantarán as solucións tecnolóxicas, estén establecidos na mesma cidade ou comunidade autónoma e sempre unha das seguintes: Andalucía, Aragón, Asturias, Castilla - La Mancha, Ceuta, Comunidad Valenciana, Extremadura, Galicia, Islas Canarias, Melilla, Murcia e Navarra.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto até o 9 de setembro de 2014 ás 13:00 horas (hora peninsular). Durante este periodo os candidatos poderán consultar as bases e enviar as solicitudes a través da web de Red.es.
None
None
Comments