O Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego (Clag) reciben a Bronze Label da Iniciativa Europea para a Excelencia dos Clústeres

O Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego (Clag) reciben a Bronze Label da Iniciativa Europea para a Excelencia dos Clústeres


O Clúster TIC Galicia e o Clag recibiron a “Bronze Label“, un recoñecemento ás boas practicas e á excelencia, no transcurso das xornadas ATC4Excellence Conference-Clusters for excellence, organizadas polo Igape e que se desenvolveron onte e hoxe en Santiago de Compostela. 

A entrega deste recoñecemento faise tras a superación da avaliación realizada polo European Secretariat for Cluster Analysis (ESCA) que inclúe 36 indicadores cos que se analizan, entre outros factores, a estrutura da organización, a gobernanza, o financiamento, os servizos proporcionados e a interacción internacional.

Un aval e recoñecemento ao labor que desde o Clúster TIC Galicia e o Clag se está a facer para ter a merecida homologación da nosa entidade no eido internacional. Obtemos pois, un respaldo para continuar co impulso á competitividade da economía galega desde o desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación.

Os parabéns a todos os socios! A vosa participación e implicación co Clúster fai posible estes avances.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies