O Clúster TIC Galicia e o CITIC organizan unha xornada de Transferencia sobre Intelixencia Artificial

O Clúster TIC Galicia e o CITIC organizan unha xornada de Transferencia sobre Intelixencia Artificial


O próximo 26 de novembro, terá lugar a xornada de transferencia “Intelixencia Artificial: aplicacións e oportunidades de negocio”, organizado polo Clúster TIC Galicia e o CITIC. Ao longo desta xornada o CITIC revisará o estado actual desta disciplina computacional con capacidade de dotar a moitas aplicacións dun comportamento intelixente, facendo fincapé na súa aplicabilidade en casos reais de interese para empresas TIC e doutros sectores.  Aplicacións que abranguen os ámbitos da saúde, a enxeñaría, perfís en redes sociais e Big Data entre outros. 

Farase unha demostración in situ das capacidades do CITIC neste ámbito, e identificaranse as tendencias futuras e oportunidades de negocio.

As empresas socias do Clúster recibirán a información completa deste proxecto en próximas datas.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies