Para dar resposta ás demandas das empresas sobre as súas necesidades de contactar con empresas líderes en micro e nano electrónica, o Clúster TIC Galicia abre un novo Grupo de Traballo sobre internacionalización co obxectivo de ver os posibles intereses en contactar con empresas dos Países Baixos.
Obteremos información de cada empresa interesada para aliar ofertas e demandas coas empresas en destino e deste xeito estudar a posibilidade de realizar unha misión aos Países Baixos, con axendas individualizadas e pechadas.
As empresas interesadas en participar neste Grupo de Traballo terán que manifestar o interese antes das 18:00 horas do próximo 4 de Novembro a: info@clusterticgalicia.com
Comments