O Clúster TIC e o CLAG potencian a I+D+i coa creación de ICT-Media

O Clúster TIC e o CLAG potencian a I+D+i coa creación de ICT-Media


ICT-MEDIA.- Un polo de colaboración estable cara á estruturación de proxectos de I+D+i

Froito da colaboración Clúster TIC Galicia e Clúster do Audiovisual Galego (CLAG) nace a iniciativa ICT-MEDIA. Un Grupo de Traballo que ten o obxectivo de promover a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación e así xerar e propiciar sinerxías entre ambas entidades e os seus membros que permitan favorecer o incremento de proxectos colaborativos.Baixo este contexto, o grupo de traballo configúrase como un polo de colaboración estable cara á estruturación de proxectos ou actividades de I+D+I en dous temas clave ou liñas de traballo detectadas polo Clag e o Clúster TIC:

  • Xeración de contidos para a explotación do patrimonio cultural.
  • Xeración de contidos dixitais para a educación.
Coa coordinación do Clag e do Clúster TIC,  a labor a desenvolver polo grupo de traballo será a de aportar ideas e propostas de acción dentro da liña de actuación, co obxectivo de alcanzar un consenso que permita crear un consorcio entre as empresas interesadas en tomar parte no proxecto previamente definido. As empresas socias interesadas en participar poden inscribirse info@clusterticgalicia.com.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies