O Clúster TIC asina convenio de colaboración coa Escola de Negocios Afundación

O Clúster TIC asina convenio de colaboración coa Escola de Negocios Afundación


Este marco de colaboración ten a formación como punto de encontro para potenciar as competencias empresariais e profesionais ao tempo que se fomenta o emprego e a educación  de forma intensa e adecuada ás necesidades específicas do sector TIC.

Ás necesidades formativas das empresas socias do Clúster, extensíbeis a todo el sector, hai que sumarlle a alta demanda, que non se consegue cubrir, de  determinados perfís profesionais. Cos coñecementos da Escola de Negocios Afundación e do Clúster TIC Galicia artellarase formación específica e adaptada que nos permitirá incrementar a competitividade empresarial e nivelar oferta con demanda de emprego.

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies