O Clúster TIC abre oportunidades de negocio para as TIC galegas nos países Latinoamericanos

O Clúster TIC abre oportunidades de negocio para as TIC galegas nos países Latinoamericanos


O Presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez del Corral, vén de participar nunha visita a Colombia con motivo da viaxe institucional da Xunta de Galicia a diversos países Latinoamericanos. Desde o 16 ao 18 de febreiro, mantivéronse xuntanzas con empresas e entidades colombianas que amosaron un alto interese en coñecer e estreitar lazos con empresas TIC galegas.

Neste marco, o presidente do Clúster mantivo reunións coa Empresa de Telefonía de Bogotá (ETB); co Ministerio de las Tecnologías de la Información y la Comunicación; coa Corporación Colombiana Digital, concretamente co persoal encargado da posta en marcha do Plan Vive Digital, proxecto gobernamental para mellorar o uso e a infraestrutura TIC colombiana; coa Oficina Alta Consejería Distrital de TIC-Bogotá; coa Asociación Nacional de Empresarios –ANDI; e o Clúster TIC de Antioquía, ACI, Ruta N, UNE, Gobal Media.

Froito destas reunións, o Clúster TIC conta co respaldo e aval para o desenvolvemento da II Misión Inversa Internacional Latinoamérica: Colombia – Galicia, e tamén asenta as bases para a posta en marcha dun convenio de colaboración en materias de “internet das cousas” e de “TICs para a eficiencia enerxética”.

Dúas liñas, internacionalización e especialización, que son o cerne da estratexia Clúster TIC Galicia|2015 e que abren novas oportunidades de negocio para o sector das Tecnoloxías de Información e da Comunicación.

Sobre a Corporación Ruta N Medellín

Creada pola Alcaldía de Medellín, EPM e UNE, é unha entidade desde a que se desenvolven distintos programas e se canalizan os recursos do concello para ciencia, tecnoloxía e innovación – CTi. Busca promover o desenvolvemento de negocios innovadores baseados en tecnoloxía, que incrementen a competitividade da cidade, dinamicen a economía, fortalezan os clústeres estratéxicos e posibiliten mellores empregos para os cidadáns de Medellín. A Corporación Ruta N avanza na consolidación de Medellín como unha cidade do coñecemento. Por iso, para aumentar a competitividade da cidade, emprendeuse a formulación dun distrito tecnolóxico no norte da cidade. Este distrito sentará as bases del desenvolvemento económico desta zona, atraendo empresas vinculadas coa ciencia, a tecnoloxía, e a innovación, especialmente nos sectores de saúde, enerxía e TIC.

Sobre o Cluster TIC DE Antioquia

O Cluster Tecnología, Información y Comunicación –TIC-, é unha iniciativa liderada pola Alcaldía de Medellín e a Cámara de Comercio de Medellín que ten como obxectivo incrementar de maneira efectiva o crecemento e a competitividade do sector TIC nos segmentos de Tercerización de Servicios de Alto Valor Agregado (Smart Services Outosurcing – SSO) e Creative Transmedia a nivel nacional e internacional, involucrando firmas, goberno, comunidade educativa e as institucións de colaboración.

Sobre ANDI - Asociación Nacional de Empresarios de Colombia

A Asociación Nacional de Empresarios de Colombia – ANDI, é unha agremiación sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo difundir e propiciar os principios políticos, económicos e sociais de un saudable sistema de libre empresa. Foi fundada o 11 de setembro de 1944 en Medellín e, desde entón, é o gremio empresarial máis importante de Colombia. Está integrado por unha porcentaxe significativa de empresas pertencentes a sectores como o industrial, financeiro, agroindustrial, de alimentos, comercial e de servizos, entre outros. A sede principal de ANDI está en Medellín e conta con sedes en Bogotá, Cali, Barranquilla, Cartagena, Bucaramanga, Manizales, Pereira, Ibagué, Santander de Quilichao e Villavicencio.

En medios:

Expansión | Abre ventanas de negocio internacional

Código Cero | O Clúster TIC consolida escenarios de colaboración en Colombia

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies