O Clúster presentará a Innoempresa tres proxectos nos que poden participar os socios

O Clúster presentará a Innoempresa tres proxectos nos que poden participar os socios


O Clúster TIC, en colaboración con EGANET, vai a presentar tres proxectos ás liñas de axuda Innoempresa do Igape, co fin de conseguir cofinanciamento para iniciativas que se consideran de interese para as empresas socias. Por esta razón, solicita aos socios unha valoración do seu  interese nos distintos proxectos, independentemente do seu custe.

Os socios que estean interesados en participar nalgún deles, debe indicalo á administración do Clúster ata o 3 de xullo.

Os proxectos son os seguintes:

Proxecto 1: Plataforma de facturación electrónica O proxecto consiste nun sistema de facturación electrónica integrado cos principais xestores de contabilidade e ERPs das empresas (ContaPlus, A3 Software....), funcionando cos formatos factura-e e PDF. O sistema tamén permitirá xerar a factura electrónica mediante un formulario a través da web, para aquelas empresas que non teñan un sistema de contabilidade implantado.

Proxecto 2: Ferramenta de xestión de proxectos Implantación dunha ferramenta de xestión de proxectos que permita o acceso remoto, centralizado e seguro á información de todos os proxectos da empresa para realizar a súa xestión, planificación, seguimento, control e análise. Búscase implementar unha metodoloxía de xestión eficiente dos proxectos co obxecto de lograr unha redución significativa nos custes e en tempo invertido para a consecución dos resultados perseguidos.

Proxecto 3: Certificación de Proxectos e Sistemas de Xestión do I+D+i. A certificación de proxectos de I+D+i, en base á norma UNE-166.001, permite ás empresas identificar as actividades que realizan, susceptibles de ser consideradas I+D+i. Este certificado facilita o acceso ás deducións fiscais previstas na Lei do Imposto de Sociedades para actividades de I+D+i, permitindo a obtención do informe motivado do Ministerio de Ciencia e Innovación, vinculante para o Ministerio de Facenda.

A implantación e certificación de Sistemas de Xestión da I+D+i, en base á norma UNE-166.002, permiten optimizar os procesos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica baseándose en estruturas coñecidas de sistemas de xestión.

A norma UNE 166.002 contén requisitos e directrices prácticas para a formulación e o desenvolvemento de políticas de I+D+i, para o establecemento de obxectivos acordes coas actividades, produtos e servizos específicos de cada organización, para a identificación de tecnoloxías emerxentes ou novas tecnoloxías non aplicadas no seu sector, cuxa asimilación e posterior transferencia proporcionarán a base para xerar proxectos, potenciar os seus produtos, procesos ou servizos e mellorar a súa competitividade.

Financiaciamento

Os proxectos serán financiados polas empresas e polas axudas concedidas. En base ás empresas interesadas e á axuda concedida polo Igape, o Clúster fará un cálculo de custes por empresa. Nese momento contactará cos socios que tivesen manifestado interese en participar para que poidan decidir se queren seguir adiante ou non.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies