O Clúster participará o día 11 nunha xornada sobre a Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia

O Clúster participará o día 11 nunha xornada sobre a Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia


Unha representación do Clúster TIC Galicia que incluirá ao presidente, Antonio Rodríguez del Corral, participará no taller do Grupo de Traballo (GT2), centrado en políticas horizontais e instrumentos financeiros, do proceso de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia (RIS3).

A elaboración desta Estratexia é unha esixencia da Unión Europea para a participación nos obxectivos de innovación do próximo marco de financiamento 2014-2020 dos fondos estruturais. Así, o proceso de elaboración da RIS3 en Galicia está baseado nun proceso participativo de descubrimento emprendedor. Nos últimos meses, os diferentes grupos de traballo (GTs) de ámbito sectorial e sobre tecnoloxías horizontais estiveron desenvolvendo a súa actividade, cuxos resultados se presentaron durante o II Foro RIS3 de Galicia celebrado o pasado día 21 de maio.

A convocatoria foi realizada por Manuel Varela Rey, director da Axencia Galega de Innovación, e o taller terá lugar o próximo martes 11 de xuño ás 12 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago de Compostela.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies