O Clúster celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria

O Clúster celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria


O Clúster dou conta das actividades e avances realizados nestes meses para a consecución dos seus obxectivos. Informou das reunións e compromisos acadados con: Consellería Economía e Industria, IGAPE, Dirección Xeral de Comercio, Turismo, Axencia de Innovación (GAIN), Axencia de Modernización (AMTEGA), Universidade de Vigo, Universidade de Coruña, Centros Tecnolóxicos e clústeres europeos. Estas xuntanzas teñen por finalidade a de presentar as liñas estratéxicas do Clúster para buscar o aliñamento, coordinación e potenciación coas liñas e accións a desenvolver polas distintas administracións e entidades de referencia para o sector TIC.

O apoio a emprendedores e a creación de consorcios empresariais especializados para  proporcionar solucións a sectores industriais concretos e colaborar coas cidades intelixentes  centraron o informe de xestión e a súa aprobación marca o futuro inmediato do Clúster. Tamén se debateu o reposicionamento do sector TIC galego dentro da estratexia RIS Galicia.

Outro punto salientable foi a asignación de responsabilidades individualizadas para cada un dos membros do Comité de Dirección (CODI). Un xeito de implicar e axilizar a consecución dos obxectivos marcados nas liñas estratéxicas nas que traballa o Clúster: Internacionalización, Transferencia tecnolóxica, Capital Risco e Potenciación da colaboración entre socios.

Na liña de establecer marcos de colaboración e cooperación entre empresas, e en particular para aproveitar as complementariedades entre empresas de diferente tamaño, o Clúster traballa xa nun proxecto para a definición dos selos de Empresa Tractora e de Proxecto Colaborativo. Esta iniciativa dará respaldo ás firmas que xeran negocio, melloran a competitividade  e axudan ao crecemento empresarial e por tanto á mellora económica de Galicia, xunto coa xeración de emprego estable e de calidade. Todas as empresas socias poden solicitar este recoñecemento, que será válido por anualidades renovables.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies