O CLÚSTER TIC GALICIA AMPLIA O PERSOAL E VISITARÁ A TODAS AS EMPRESAS SOCIAS

O CLÚSTER TIC GALICIA AMPLIA O PERSOAL E VISITARÁ A TODAS AS EMPRESAS SOCIAS



O Clúster TIC Galicia amplía as súas capacidades coa incorporación de novo persoal. A nova estructura está formada por Rosa Méndez na Xerencia; Adela Amado na Administración; Roberto Pérez en I+D+i; Óscar Santos en Proxectos e Mª Xosé Jamardo en Comunicación e Marketing. 

A primeira tarefa a realizar pola nova estructura, será a de coñecer polo miúdo as empresas socias, polo que os esforzos centraranse na realización de reunións con todas para recoller información de primeira man das empresas, dos seus produtos e servizos, das súas necesidades e das súas demandas. Unha información que será fundamental para:

  • Elaborar accións e proxectos de interese para as empresas socias
  • Potenciar o coñecemento e a colaboración entre empresas
  • Ampliar os servizos do Clúster para socios
  • Elaborar o catálogo de competencias TIC en Galicia
  • Elaborar a axenda de internacionalización
  Agardamos contar coa túa colaboración e implicación!

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies