Nunha entrevista publicada o luns 2 de xuño no diario de información económica Expansión, Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente e presidente en funcións do Cluster TIC Galicia, salienta a necesidade de que os responsablas das empresas do sector melloren as súas habilidades como xestores empresariais.
Rodríguez propón tamén a especialización das diferentes organizacións que existen actualmente no sector TIC galego e di que se debería "traballar mellor entre clústeres", para axudar a crear "proxectos sinérxicos".
Comentarios