O pasado 8 de setembro fíxose pública a marca na que se unen os 10 Clústeres Excelentes de Galicia. Baixo a lenda Unidos para ser máis COMPETITIVOS os clústeres dos sectores da acuicultura, alimentación, audiovisual, automoción, gráfico, granito, madeira, naval, textil e TIC; poñen cara a máis de catro anos de traballo para fraguar este proxecto común.
Este consenso nace auspiciado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a través do proxecto ATClusters Galicia. Visualizando así a aposta firme que fai a institución polo desenvolvemento económico a través dos clústeres, ao igual que o vén facendo a Unión Europea.
Como portavoz desta marca elixiuse a Rosa Méndez, xerente do Clúster TIC Galicia para que realizara a presentación desta importante e estratéxica unión.
Qué é a marca CLUSTERS GALICIA?
A rede de clústeres excelentes da comunidade que representan, no seu conxunto, a case 9.000 empresas que suman unha facturación equivalente ao 75% do PIB de Galicia e que xeran o 20% dos postos de traballo.
Qué beneficios ten a marca?
A unión entre os clústeres permite xerar alianzas e mellorar a competitividade das empresas socias. Un potencial que nos facilitará o achegamento a novos nichos de negocio e á expansión internacional, ao tempo que se xerarán oportunidades para a creación de novos proxectos empresariais.
Un exemplo de xeración de alianzas foi a V Conferencia Internacional ATClusters – III Conferencia de Clusters España que se celebrou o 10 e 11 de setembro e na que estiveron participando entidades de países e rexións de toda Europa coma o País Vasco, Wallonia, Dinamarca ou Portugal. Unha oportunidade na que se implicaron e tiveron unha alta participación os clústeres galegos que xa puideron facer gala do seu potencial coa marca Clusters Galicia.
Rosa Méndez, xerente do Clúster TIC Galicia, presentou durante a Conferencia as principais iniciativas impulsadas dende o Clúster dentro da mesa redonda de boas prácticas que xuntou a representantes de distintos clusteres europeos ; coma Portavoz de Clusters Galicia, presentou a nova marca ante todos os asistentes, compartindo experiencias con outras marcas e redes de clusteres europeos semellantes. Deste xeito, o Cluster TIC Galicia realizou un importante papel na canalización de sinerxías para que Clusters Galicia sexa o referente internacional que abra a porta a novas e maiores colaboracións.
None
Comentarios