Nace a figura do precolexiado, unha nova forma de achegar aos futuros profesionais das Telecomunicacións ao COETG

Nace a figura do precolexiado, unha nova forma de achegar aos futuros profesionais das Telecomunicacións ao COETG


Segundo explica a web AETC/COETG, coa creación da figura do Precolexiado, os estudantes do derradeiro curso dos estudos que habilitan para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación poden entrar a formar parte do COETG, beneficiándose dos servizos existentes para os colexiados xa titulados pero sen custe algún.

Preténdese con isto achegar aos enxeñeiros máis novos á institución colexial de maneira que sexa un lugar de encontro, de información e servizos para os futuros enxeñeiros de telecomunicación.

A situación de precolexiado esgótase coa finalización dos estudos de Enxeñeiría de Telecomunicación, debendo pasarse á situación de “colexiado” no caso de querer continuar formando parte do Colexio ou ben ao ano da súa concesión.

Para a realización dos trámites pertinentes pódese obter información no apartado (da súa web) AETG/COETG>Asociarse/Colexiarse>Modalidades.

Ou neste link

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies