Itelsis ven de adquirir “participacions estratéxicas” en dúas compañías do sector que considera destacadas polo seu dinamismo, especialización e valor engadido. Trátase de Silenus Consultoría e Proinfo.
Silenus Consultoría presta servizos profesionais TIC, propoñendo tecnoloxía para a mellora dos procesos das organizacións, co obxectivo de incrementr a súa produtividade e competitividade.
Pola súa banda, Proinfo é un ha empresa especializada no despregamento e mantemento de redes de telecomunición: fibra óptica (HFC, FTTH, GPON), cable estruturado e inalámbricas.
Itelsis, que é menbro do Cluster TIC Galicia, informou das operacions o pasado día 9, indicando que se trata de pasos no desenvolvemento dos obxectivos de diversificación de negocio contemplados no seu Plan Estratéxico 2011-2014.
Asemade, Itelsis creou con socios do sector enerxético Smart Green Lab’s, unha start-up que traballará no desenvolvemento de solucións TIC para os sectores enerxético e medioambiental.
Fonte: Itelsis
Comentarios