Interconecta II destina 75 millóns de euros a proxectos innovadores en Galicia

Interconecta II destina 75 millóns de euros a proxectos innovadores en Galicia


Galicia é a comunidade autónoma que maior volume de axudas dos fondos Feder recibirá a través do programa Internconecta II. Serán 75 millóns de euros que se destinarán a financiar proxectos de innovación desenvolvidos a través de alianzas entre empresas e centros tecnolóxicos. Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, asegurou que a convocatoria se publicará no Boletín Oficial do Estado este venres 22 de febreiro.

Interconnecta II prevé que aos 75 millóns de financiamento europeo se sume un volume igual de fondos achegados polas empresas, co que o volume total mobilizado será de 150 millóns de euros. O obxectivo é poñer en marcha proxectos de innovación que contribúan de xeito efectivo á mellora da competitividade da economía galega.

Un programa atractivo para os socios do Clúster

O programa ten un grande atractivo para as empresas do sector TIC de Galicia, toda vez que, segundo informa o Ministerio de Economía, as tecnoloxías da información e as comunicacións constitúen un dos ámbitos que Interconecta II considera "relevantes" para a comunidade autónoma. A mesma consideración teñen os proxectos enfocados a agroalimentación e recursos mariños, tecnoloxías biosanitarias, tecnoloxías da produción, materiais e nanotecnoloxías, enerxía, construción, medioambiente e transporte sostible.

presidente de la Xunta anunciou a publicación no BOE da convocatoria de Interconecta II no transcurso da súa visita, o mércores 20 de febreiro, ao centro tecnolóxico Aimen, no Porriño. Neste acto, Núñez Feijóo defendeu que a I+D+i non é "unha cuestión etérea", senón que é capaz de xerar emprego e facturación. Pola súa banda, a secretaria de Estado Carmen Vela gabou o potencial de Galicia para seguir recibindo fondos europeos nuns tempos que, segundo dixo, esixen "unha especialización intelixente".

Andalucía e Extremadura son as outras dúas comunidades autónomas que recibirán fondos de Interconecta II. A primeira dispoñerá de 50 millóns, para proxectos en enerxía e cambio climático, biotecnoloxía e saúde, aeroespacial, sociedade da información, metalmecánica e agroindustrial. A segunda terá sete millóns para enerxía, tecnoloxías da auga, tecnoloxías da construción e obra pública sostible, biotecnoloxía e saúde, tecnoloxías da información e as comunicacións, metalmecánica, agroindustrial e valorización de materiais naturais.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies