INEO e o CPEIG alíanse para impulsar o desenvolvemento tecnolóxico en Galicia

INEO e o CPEIG alíanse para impulsar o desenvolvemento tecnolóxico en Galicia


(17-11-2011)

INEO, Asociación Multisectorial TIC de Galicia, acaba de selar unha alianza co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), co obxectivo de impulsar actuacións específicas conxuntas que contribúan ao fomento da Sociedade da Información e desenvolvemento do TIC na Comunidade.

Os presidentes de INEO, Jorge Cebreiros Arce, e do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, acaban de asinar un convenio de colaboración, polo que ambas as entidades reforzan os seus lazos de cooperación durante o próximos tres anos.

Concretamente, o convenio inclúe que un profesional de recoñecido prestixio a proposta do CPEIG participará como membro no Consello Consultivo de INEO e nos seus proxectos. Do mesmo xeito, os órganos directivos de INEO participarán en calquera evento que CPEIG poña en marcha e cando corresponda como convidado de honra.

A través deste acordo, os socios de INEO poderán participar nos actos e eventos que organice CPEIG coas mesmas obrigacións e privilexios dun colexiado, e o mesmo poderán facer os colexiados de CPEIG, que participarán en todo canto evento, proxecto ou servizo préstese desde INEO nos mesmos termos que un asociado.

Fonte: CPEIG

Ler máis

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies